Moon Cresta

Moon Cresta

Nacida á par do actual século, MOON CRESTA consolídase como unha banda experimentada que toma como punto de partida o son dos anos 70, desenvolvendo un estilo propio a través dun repertorio variado, multiforme, case caleidoscópico, onde os xéneros se dilúen para amosar unha personalidade e inventiva características e facilmente recoñecibles.

Os piares da banda son Manu “Doble L” á guitarra, Manu Ares á batería, David “Mr. D” Vázquez á voz e teclados e Anton F. Piru ao baixo. A sinerxía existente entre eles é o argumento máis poderoso dos seus concertos, nos que defenden as cancións dos seus cinco álbums de estudo.

A verdadeira esencia de MOON CRESTA só ten sentido sobre as táboas. O escenario é o seu hábitat, e nel viven, medran e se desenvolven, sendo ese o lugar onde debes desfrutar deles.

XIX Millo Verde — 21, 22 e 23 de maio