21, 22 e 23
de maio

XIX Festival Alternativo

O XIX Festival Alternativo Millo Verde terá lugar na Área Recreativa da Praia de Cesantes (Redondela) os días 21, 22 e 23 de maio de 2026. Durante estes 3 días celebraranse múltiples actividades culturais e deportivas, tendo como eixo central a música, onde a diversidade de estilos e de procedencias será, coma sempre, un dos puntos básicos do festival.

Grupos

(Preme no nome do
grupo para + info
)

XVIII Concurso de Maquetas Millo Verde

Nesta edición tivemos de novo o pracer de xuntar forzas co colectivo redondelán Artelixo, co cal levamos a cabo un gran día cheo de actividades e concertos. Comezamos a tarde do sábado 11 de abril coas actividades do ArteLixo, dando paso posteriormente ao concurso, onde desfrutamos un ano máis dun ambiente maravilloso.

Máis info.

Queres colaborar coa asociación?

Camisola Deportiva Millo Verde XIX

Camisola Millo Verde XIXCamisola Millo Verde XIX

Info. Reservas

35€

Camisola Deportiva Millo Verde XIX

A camisola de fútbol do Millo Verde chega por primeira vez ao festival nesta edición. É unha peza de edición limitada, cun deseño exclusivo, creada para reservar con antelación e recoller directamente no recinto do festival.

Non estará dispoñible como parte da venda habitual da Millotenda, polo que só poderá conseguirse mediante reserva previa dentro do prazo establecido.

O seu prezo é de 35€ e poderase reservar ata o domingo 26 de abril. A entrega farase no festival, xunto coa pulseira.

A continuación podes consultar a guía de talles e medidas para escoller a opción que mellor se adapte a ti antes de iniciar o proceso de compra.

Camisola Millo Verde XIX
As medidas teñen unha marxe de erro de 1cm.
Talle
Camisola
101214SMLXLXXL3XL
Longo616467717376798285
Peito434547495153555759
As medidas teñen unha marxe de erro de 1cm.
Talle
Camisola
LongoPeito
106143
126445
146747
S7149
M7351
L7653
XL7955
XXL8257
3XL8559
Reserva camisola

Chaveiro do Millo

Feitos en Redondela pola asociación!

O 100% do beneficio queda connosco!!

Xa a venda no Escondidiño
e na Discotasca,
tan
so
2€!!

Impresos en bioplástico (PLA, reciclable e biodegradable).

Edicións pasadas

Durante os 18 anos de traxectoria o Millo Verde converteuse nunha das citas obrigatorias do verán en Redondela.

A evolución do Festival no que a público, actividades e actuacións se refire, foi incrementándose ano a ano, pero manténdose o ideario proposto nos inicios do mesmo.

Vídeos