Zona de Acampada
6€ día
Reserva a túa praza na zona de acampada enviando un correo a:
Por motivos loxísticos alleos á organización, como é o peche do Camping de Cesantes, e na procura de buscar o benestar de todos e todas as asistentes haberá unha zona de acampada moi próxima ao recinto do festival e xestionada pola Comisión de Festas de Cesantes.
INFORMACIÓN BÁSICA
A reserva será dun espazo para colocar unha tenda de aproximadamente 2×2 metros
O prezo será de 6€ por tenda por día e o pago efectuarase ao chegar alí, en efectivo
Non se fai reserva por persoas, faise por tendas (se traedes unha tenda e durmides 3 dentro pois pagades so 6€ por esa tenda cada día)
Ao chegar teredes que achegarvos á caseta do aparcadoiro da Comisión de Festas de Cesantes e alí dar o voso nome, pagar, e xa accedes dende alí ao camping. Posibilidade de aparcar o coche no mesmo aparcadoiro xestionado pola Comisión (3€/día)
Só se pode facer unha reserva de parcela por persoa
Facilitarase zona de duchas e baños
Agradecemos que avisedes no mesmo correo en caso de anular a reserva
Para furgonetas habilítase tamén o aparcadoiro da Comisión de Festas de Cesantes pero sen reserva, cobrando eles mesmos directamente na entrada. Tamén está o aparcadoiro de San Pedro, donde contades coa posibilidade coller o bus lanzadeira ata a praia.
Hora de saída máxima as 14:00.
PROCESO DE RESERVA
Escribir a camping@milloverde.org coa seguinte información:
Nome e apelidos da persoa que fai a reserva
Número de persoas na tenda
Número de teléfono de contacto
Indicar o día de chegada e de saída
Cesantes, Redondela