Esmorgadas

Esmorgadas

Esmorgadas é unha colectiva galega formada por mulleres que, desde 2021, impulsa eventos musicais cunha mirada propia dentro da escena rave e underground.

Máis que unha suma de DJs, é un proxecto cultural que entende a electrónica como ferramenta de encontro, celebración e transformación.

Esmorgadas organizan raves e Akelarres autoxestionados, espazos onde a música convive con obradoiros, debates, concertos e iniciativas comunitarias nos que a recadación é solidaria. A súa programación aposta por line ups integrados por mulleres e identidades disidentes, poñendo o foco na visibilización e na creación de contornas seguras onde a cultura do consentimento e os coidados ocupan un lugar central.

Co seu propio sistema de son e unha identidade construída desde o feminismo interseccional, o antifascismo e a defensa da diversidade, Esmorgadas converte cada evento nun territorio compartido. Nas cabinas conflúen diferentes sensibilidades da electrónica contemporánea, desde as pulsacións máis cruas e aceleradas ata texturas máis híbridas e narrativas, sempre cunha intención clara: facer da pista un espazo de liberdade colectiva.

XIX Millo Verde — 21, 22 e 23 de maio