21, 22 e 23
de maio

XIX Festival Alternativo

O XIX Festival Alternativo Millo Verde terá lugar na Área Recreativa da Praia de Cesantes (Redondela) os días 21, 22 e 23 de maio de 2026. Durante estes 3 días celebraranse múltiples actividades culturais e deportivas, tendo como eixo central a música, onde a diversidade de estilos e de procedencias será, coma sempre, un dos puntos básicos do festival.

Chaveiro do Millo

Feitos en Redondela pola asociación!

O 100% do beneficio queda connosco!!

Xa a venda no Escondidiño
e na Discotasca,
tan
so
2€!!

Impresos en bioplástico (PLA, reciclable e biodegradable).

Edicións pasadas

Durante os 18 anos de traxectoria o Millo Verde converteuse nunha das citas obrigatorias do verán en Redondela.

A evolución do Festival no que a público, actividades e actuacións se refire, foi incrementándose ano a ano, pero manténdose o ideario proposto nos inicios do mesmo.

Vídeos