Festival Millo Verde

BANDCAMP   FACEBOOK 

[GAL]

Komódo é unha formación que xorde a finais do 2015 en Santiago de Compostela. Catro músicos experimentados da escea musical galega deciden unir as súas forzas: Javi Gradín á voz e harmónica, Manuel Gómez á guitarra e coros, Pablo Belo no baixo e Likal na batería; son os membros deste proxecto en común, no que os temas propios son a base do seu repertorio.

O estilo da banda nútrese de múltiples influencias, destacando principalmente o blues rock, pero bebendo doutros estilos como o funk ou o blues máis clásico, buscando crear espazos para a experimentación e improvisación. Musicalmente, as guitarras debuxan riffs e acordes, suxeitados e apoiados pola base rítmica, erixindo unha densa nube entre a cal se abre paso a voz. As letras tocan diversos temas, desde crítica social a outros máis introspectivos e persoais.

O verán pasado, a banda comezou a súa actividade no circuíto de salas e bares de Galicia, destacando a súa participación no Festival Noroeste Estrela Galicia 2016, compartindo cartel con bandas como Editors e Ocean Colour Scene, entre outros. Actualmente, Komódo atópanse inmerso na preparación para gravar o seu primeiro LP.

[ESP]

Komódo es una formación que surge la finales del 2015 en Santiago de Compostela. Cuatro músicos experimentados de la escena musical gallega deciden unir sus fuerzas: Javi Gradín a la voz y harmónica, Manuel Gómez a la guitarra y coros, Pablo Bello en el bajo y Likal en la batería; son los miembros de este proyecto en común, en el que los temas propios son la base de su lista.

El estilo de la banda se nutre de múltiples influencias, destacando principalmente el blues rock, pero bebiendo de otros estilos como el funk o el blues más clásico, buscando crear espacios para la experimentación e improvisación. Musicalmente, las guitarras dibujan riffs y acordes, sujetados y apoyados por la base rítmica, creando una densa nube entre la cuál se abre paso la voz. Las letras tocan diversos temas, desde crítica social la otros más introspectivos y personales.

El verano pasado, la banda comenzó su actividad en el circuito de salas y bares de Galicia, destacando su participación en el Festival Noroeste Estrella Galicia 2016, compartiendo cartel con bandas como Editors y Ocean Colour Scene, entre otros. Actualmente, Komódo se encuentran inmerso en la preparación para grabar su primero LP.

 

Compartir