Festival Millo Verde

FACEBOOK

[GAL]

Esta banda se Soutomaior é unha clara revolución dentro do folk galego. Unha proposta novedosa que tenta fuxir do verniz céltico que recobre grande parte das propostas do xénero, tentando atopar na mestura da tradición galega coa música de raíz búlgara e con toques de canción lixeira italiana o elixir que lles permita engaiolar o público nos seus directos.

Nesas seguen estes catro músicos que, malia o novedoso da súa proposta, son en realidade experimentados instrumentistas curtidos noutras formacións con longa andaina na nosa música folc e tradicional. De feito, Roi Alexandre Van Güinter e o seu “irmán” Isaac Van Güinter son os alter egos de Roi Adrio e Isaac Millán, integrantes de Quempallou, e Harry van Güinter e Iván van Güinter, -os outros dous “irmáns” que compoñen a banda- son Harry Price e Iván Gulín, integrantes dos desaparecidos MacFeck. Das cinzas desta banda, na que tamén tocaba Isaac Millán, naceu de feito a Güintervan, co engadido extra da batería do percusionista de Sárdoma, Adrio, nun movemento que xa indicaba con claridade que as intencións da nova formación eran afastarse dos aires celtas para lle dar outro percorrido á súa música.

Foi o labor de investigación do propio Price arredor da gaita búlgara, a gaida, e das melodías tradicionais interpretadas por bandas como Urs Karpatz, Taraf de Haïduks ou orquestras como a de Bretovitsa ou a de Rodopi. Nelas o violín de Price, ás veces tamén a gaita búlgara, levan o peso da canción, sobre unha base construída arredor do contrabaixo, a batería e as guitarras ao vivo, mais que no disco engade algún outro instrumento como o cello ou a viola tocados tamén polos propios “irmáns” van Güinter. Ao feito xa inusual, cando menos nas bandas galegas, de ollarmos unha gaida, un cello e unha batería compartindo escenario hai que lle engadir o protagonismo que a percusión, ás veces tamén o contrabaixo, ten á hora de lle replicar ao violín, e tamén a presenza da sorprendente voz de Gulín, -con andaina metaleira e operística-, o que fai que o son dos Güintervan acabe tendo momentos nos que o jazz, a música italiana ou tamén a irlandesa aparezan con claridade envurulladas no folclore balcánico.

 

[ESP]

Esta banda se Soutomaior es una clara revolución dentro del folk gallego. Una propuesta novedosa que intenta huir del barniz céltico que recobre grande parte de las propuestas del género, intentando encontrar en la mezcla de la tradición gallega con la música de cuajo búlgara y con toques de canción ligera italiana lo elegir que les permita engañar el público nos sus directos.

En esas siguen estos cuatro músicos que, a pesar del novedoso de su propuesta, son en realidad experimentados instrumentistas curtidos en otras formaciones con larga andadura en nuestra música folc y tradicional. De hecho, Roi Alexandre Van Güinter y su “hermano” Isaac Van Güinter son los alter egos de Roi Adrio e Isaac Millán, integrantes de Quempallou, y Harry van Güinter e Iván van Güinter, -los otros dos “hermanos” que componen la banda- son Harry Price e Iván Gulín, integrantes de los desaparecidos MacFeck. De las cenizas de esta banda, en la que también tocaba Isaac Millán, nació de hecho a Güintervan, con el añadido extra de la batería del percusionista de Sárdoma, Adrio, en un movimiento que ya indicaba con claridad que las intenciones de la nueva formación eran alejarse de los aires celtas para darle otro recorrido a su música.

Fue la labor de investigación del propio Price alrededor de la gaita búlgara, a gaida, y de las melodías tradicionales interpretadas por bandas como Urs Karpatz, Taraf de Haïduks u orquestas como la de Bretovitsa o la de Rodopi. En ellas el violín de Price, a veces también la gaita búlgara, llevan el peso de la canción, sobre una base construida alrededor del contrabajo, la batería y las guitarras al vivo, mas que en el disco añade algún otro instrumento como el cello o la viola tocados también por los propios “hermanos” van Güinter. Al hecho ya inusual, cuando menos en las bandas gallegas, de mirar una gaida, un cello y una batería compartiendo escenario hay que le añadir el protagonismo que la percusión, a veces también el contrabajo, tiene a la hora de #replicar al violín, y también la presencia de la sorprendente voz de Gulín, -con andadura metaleira y operística-, lo que hace que lo son de los Güintervan acabe teniendo momentos en los que el jazz, la música italiana o también la irlandesa aparezcan con claridad embrolladas en el folclore balcánico.

Compartir