O festival pon a disponsición de todo aquel que queira, un servizo de buses lanzadeira ó recinto do festival durante os dous días potentes do festival como son o Venres 8 e o Sábado 9.
O prezo da viaxe será de 1,50€ ida+volta (excepto para nenos que será de balde), así que gardade o ticket para poder volver e non ter que pagar outra vez.
HORARIOS:
Venres - 18.00h da tarde ata as 05.00h da maña ininterrupidamente
Sábado - 16.00h da tarde ata as 05.00h da maña ininterrupidamente
O autobús irá pasando pasando cada 20 minutos máis ou menos por cada parada.
PARADAS E APARCADOIROS (podedes facer click para ir ó enlace de cada aparcadoiro):
- Feira do Gando (Aparcadoiro B:  Opción 1, Opción 2)
- Torreiro de San Pedro (Aparcadoiro A)

Aqui deixamos o percorrido en google maps

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE!!!
Na praia existe espazo para aparcar pero é limitado e co obxetivo de non crear aglomeracións e atascos aconsellamos utilizar os espazos indicados anteriormente e coller o bus que se facilita para chegar ó recinto. E se non sempre se pode botar unha caminata que é moi sano!