Plano Cesantes_XIFMV-page-001

Nova ubicación para o XI Festival Alternativo Millo Verde! Imos á praia!
Este ano viaxamos á Praia de Cesantes para celebrar a 11ª edición do Millo Verde e aquí deixámosvos un plano para que vexades onde podedes atopar as diferentes zonas do festival.
O desplazamento ata alí podedes facelo de diferentes formas:
MILLOBUS: Volve o MilloBus para os que queirades deixar o coche na casa ou en Redondela e viaxar ata a praia. Este bus lanzadeira tera o seu punto de saída en Redondela dende A Farola (Plaza de Ribadavia) e o seu punto de chegada no mesmo recinto do festival. Máis info aquí

LEVAR O COCHE ATA A PRAIA:
Para os que queirades levar o voso coche ata a praia podedes deixalo nunha zona facilitada pola Comisión de Festas de Cesantes, os cales cobrarán 2€ por aparcar, poidendo deixar alí o coche durante os 3 días (se saides e volvedes a entrar teredes que pagar outra vez). Ademáis haberá aparcamento ó longo da praia que será de balde.
Deixamos o enlace de google maps aquí

TRENS/BUSES
Horarios Bus Vigo-Redondela
Horarios Bus Pontevedra-Redondela
 (calcular según día)
Horarios Tren (calcular según día y estación*)

* Existen varias paradas, recomendamos parar na de “Cesantes” no caso de querer chegar ó festival directo, ou se non nas paradas de Redondela: Redondela-Picota (Apeadero) ou na nova estación Redondela AV, ou no último caso en Redondela Estación (a vella e a menos recomendada).