“CHALECO REFLECTANTE” GAÑADORES DO X CONCURSO DE MAQUETAS MILLO VERDE!!!

O pasado Sábado 24 de Marzo tivo lugar a final do X Concurso de Maquetas Millo Verde, onde déronse lugar 2 grupos como foron The Mob Swing (Vigo) e Chaleco Reflectante (Redondela), acompañados por dous grupos convidados: Chá, cerveja e violao e Güintervan.

Abriu apetito Chá, cerveja e violao coas suas versión de difernetes autores e estilos. Seguiu Chaleco Reflectante, onde puxeron todo o que tiñan no seu interior e demostraron que a final e coa ilusión de tocar na súa vila e os nervios de poder tocar no Festival Millo Verde. Seguiu The Mob Swing cos seus ritmos máis festivos que fixeron bailar a todo o persoal que se encontraba alí.

Así chegamos ó final no que se deu a coñecer o gañador que foi finalmente CHALECO REFLECTANTE, antes de que dera comezo o fin de festa a cargo da Güintervan, que cos seu Trip Folk fixo as delicias dos que quedaron ata o final.