[gal]

Xa temos os 2 finalistas do X Concurso de Maquetas Millo Verde!

  • Spam (Santiago de Compostela)
  • Komódo (Santiago de Compostela)

Outro ano máis celébrase o Concurso de Maquetas e este ano con finalistas de auténtico luxo que proveñen da capital galega. Tras facer as votacións entre 25 bandas e poñérnolo moi difícil saíron os 2 finalistas, onde houbo igualdade entre varios grupos, o que garantiza que este cita previa do Festival Alternativo Millo Verde ten moito futuro para a saída de bandas galegas en próximas edicións.
Imos a dar a coñecer estes 2 grupos que formarán parte da final en Redondela o 1 de Abril, de onde sairá o grupo gañador que gañará 300€ e tocará no próximo X Festival Alternativo Millo Verde o 8, 9 e 10 de Xuño.

SPAM

IMAGEN M,ILLO AMKETAS SPAM

 Spam (Spam SCQ en internet) nace no ano 2011 en Santiago de Compostela, xurdindo das cinzas doutro grupo, Sadness. Nese momento os seus fundadores deciden que é hora de embarcarse nun novo proxecto que poida servir como plataforma a inquidanzas musicais máis variadas e heteroxéneas. No momento no que conviven na mesma banda influencias tan dispares como: Iron Maiden, Helloween, Black Sabbath, Metallica, Pearl Jam, Tool, The Clash, Lou Reed e mesmo artistas como Tom Waits, parece claro que os seus integrantes necesitaban unha nova etiqueta baixo a que dar cabida a todo ese conxunto de músicas distintas. Claro que o curriculum de Spam e os seus compoñentes vai máis aló dos antigos Sadness e inclúe outras formacións clásicas da zona de Compostela como Pumuky, The Paulovers, Garlic Dolls, Tungsteno ou Orestes. Con tantas e tan variadas influencias como ten Spam a súa música é dificil de clasificar nun só estilo e polo tanto os seus temas son moi variados e sen ataduras estilísticas, aínda que parece claro que o fío condutor que aglutina todos os seus temas é o ROCK, un rock guitarreiro e contundente pero variado e heteroxéneo. Despois duns anos ensaiando e tocando en vivo, no 2015 editan o seu primeiro traballo “Keep the Flame” gravado en Pousada Son Studios baixo a batuta do prestixioso produtor Iago Pico. O seu Primeiro single “Quirk of Life” conta cun espectacular videoclip realizado por Álejandro Álvarez de Alrojo Produtora que se convirte en todo un suceso nas redes sociais.

KOMÓDO

KOMODO MV

 Komódo é unha formación que xorde a finais do 2015 en Santiago de Compostela. Catro músicos experimentados da escena musical galega deciden unir as súas forzas: Javi Gradín á voz e harmónica, Manuel Gómez á guitarra e coros, Pablo Belo no baixo e Likal na batería; son os membros deste proxecto en común, no que os temas propios son a base do seu repertorio. O estilo da banda nútrese de múltiples influencias, destacando principalmente o blues rock, pero bebendo doutros estilos como o funk ou o blues máis clásico, buscando crear espazos para a experimentación e improvisación. Musicalmente, as guitarras debuxan riffs e acordes, suxeitados e apoiados pola base rítmica, erixindo unha densa nube entre a cal se abre paso a voz. As letras tocan diversos temas, desde crítica social a outros máis introspectivos e persoais. O verán pasado, a banda comezou a súa actividade no circuíto de salas e bares de Galicia, destacando a súa participación no Festival Noroeste Estrela Galicia 2016, compartindo cartel con bandas como Editors e Ocean Colour Scene, entre outros. Actualmente, Komódo atópanse inmerso na preparación para gravar do seu primeiro LP.