XVII FESTIVAL ALTERNATIVO
DO 6 aO 8 de XUÑO
CESANTES·redondela
XVII MILLO VERDE
O XVII Festival Alternativo Millo Verde levarase a cabo na Praia de Cesantes (Redondela) os días 6, 7 e 8 de Xuño de 2024. Durante estes 3 días celebraranse múltiples actividades culturais e deportivas, tendo como eixo central a música, onde a diversidade de estilos e de procedencias será, coma sempre, un dos puntos básicos do festival. Nesta nova edición cabe resaltar o acceso mediante entradas ao recinto, podendo adquirilas dende esta mesma páxina. Aínda así, haberá certas actividades de libre acceso como a sesión vermú e demais por confirmar.
CONCURSO DE MAQUETAS
Nesta edición temos o pracer de xuntar forzas co colectivo redondelán ARTELIXO, que está a levar esta mesma semana as súas actividades, polo que este ano a oferta cultural está ben completa. Comezamos a tarde do sábado 20 de abril coas actividades do Artelixo, dando paso posteriormente aos concertos e á dita final.
Actuacións musicais
Son moitas as bandas que durante estes 3 días fan escala no Millo Verde, chegando a reunir a case 20 bandas entre todos os concertos de dia e de noite.
Pendente por confirmar:
Programación
Xoves
Pendente por confirmar:
Programación
Venres
Pendente por confirmar:
Programación
Sábado
Actividades de día
Batucada // Obradoiros // Animación de Rua // Deportes
Edicións Pasadas
Durante os 16 anos de traxectoria o Millo Verde converteuse nunha das citas obligatorias do principio do verán, chegando a batir récords de asistencia na súa última edición.
A evolución do Festival no que a público, actividades e actuacións se refire, vai incrementándose ano a ano, pero manténdose o ideario propostos nos inicios do Festival.
Mantense deste xeito a idea de darlle maior amplitude ao festival con cada edición, con actividades máis atractivas, comodidade para os asistentes e, por suposto, a mellor proposta musical posible.
LOCALIZACIÓN // COMO CHEGAR
O festival lévase a cabo actualmente na Área Recreativa da Praia de Cesantes en Redondela.
Para chegar deixamos un PDF interactivo no botán de abaixo onde podedes consultar toda a info respecto á ubicación, formas de acceso, aparcamento, mobilidade, buses lanzadeira e acampada.
Non Agardes Máis!
Aquí tes o enlace para adquirir as vosas entradas para o festival. Pincha neste botón e accede directamente á plataforma de venda