XVII FESTIVAL ALTERNATIVO
DO 6 aO 8 de XUÑO
CESANTES·redondela

Mercar Entradas - ainda non disponible
Escafranda-XVII-Millo-Verde

XVII MILLO VERDE

O XVII Festival Alternativo Millo Verde levarase a cabo na Praia de Cesantes (Redondela) os días 6, 7 e 8 de Xuño de 2024. Durante estes 3 días celebraranse múltiples actividades culturais e deportivas, tendo como eixo central a música, onde a diversidade de estilos e de procedencias será, coma sempre, un dos puntos básicos do festival. Nesta nova edición cabe resaltar o acceso mediante entradas ao recinto, podendo adquirilas dende esta mesma páxina. Aínda así, haberá certas actividades de libre acceso como a sesión vermú e demais por confirmar.

Actuacións musicais

Son moitas as bandas que durante estes 3 días fan escala no Millo Verde, chegando a reunir a case 20 bandas entre todos os concertos de dia e de noite.

Pendente por confirmar:

Programación
Xoves

Pendente por confirmar:

Programación
Venres

Pendente por confirmar:

Programación
Sábado

Actividades de día

Batucada // Obradoiros // Animación de Rua // Deportes

Danza Africana nas actividades de día Millo Verde

Edicións Pasadas

Durante os 16 anos de traxectoria o Millo Verde converteuse nunha das citas obligatorias do principio do verán, chegando a batir récords de asistencia na súa última edición.

A evolución do Festival no que a público, actividades e actuacións se refire, vai incrementándose ano a ano, pero manténdose o ideario propostos nos inicios do Festival.

Mantense deste xeito a idea de darlle maior amplitude ao festival con cada edición, con actividades máis atractivas, comodidade para os asistentes e, por suposto, a mellor proposta musical posible.

LOCALIZACIÓN // COMO CHEGAR

O festival lévase a cabo actualmente na Área Recreativa da Praia de Cesantes en Redondela.
Para chegar deixamos un PDF interactivo no botán de abaixo onde podedes consultar toda a info respecto á ubicación, formas de acceso, aparcamento, mobilidade, buses lanzadeira e acampada.

Non Agardes Máis!

Aquí tes o enlace para adquirir as vosas entradas para o festival. Pincha neste botón e accede directamente á plataforma de venda